Sunday 08 de September de 2024

Comisión de Seguimento da emerxencia sanitaria 25-07-2024


A Comisión de Seguimiento da emerxencia sanitaria composta por a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, a concelleira de Medio Ambiente, Yoya Neira, a concelleira de Seguridade Cidadá e Interior, Montserrat Paz, e o concelleiro de Economía e Planificación Estratéxica, José Manuel Lage, ademais de técnicos municipais das diferentes áreas, fixo balance esta mañá do estado actual da recollida de lixo, dos actos vandálicos que se están a producir e do funcionamento da empresa de emerxencia contratada para reforzar a recollida do lixo.

Recollida de emerxencia

A empresa encargada da recollida de emerxencia comezou esta mesma mañá a traballar sen incidencias. Os cinco equipos en funcionamento comezaron a recoller o lixo en puntos especialmente sensibles como as proximidades dos centros sanitarios e nos puntos críticos de insalubridade detectados para decretar a emerxencia.

Incidencias

Esta noite ás 2:20 houbo un incendio nun contedor de papel na rúa San Rosendo coa avenida dos Mallos afectando parcialmente a un vehículo e á fachada dun herbolario. Ás 05:03 prodúcense varios incendios en contedores da Avenida Finisterre 183, 186 e193, tendo que intervir os bombeiros no 183.
Porcentaxes de recollida da empresa adxudicataria por zonas da pasada noite ● Montealto: 10%
● Cidade Vella: 20%
● Pescaría:: 95%

Comunicado oficial
● Os Rosales-Labañou: 15%
● Estadio: 15%
● Ventorrillo-Agra do Orzán: 30%
● Sagrada Familia: 10%
● Sardiñeira-Elviña: 15%
● Os Mallos: 45%
● Castrillón: 10%
● Os Castros: 5%
● Matogrande-Eirís: 15%
● Mesoiro-Feáns-Valaire: 35%